• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Jacobo Bugarín: "O arquitecto branqueador de soños"

período de residencia: 
agosto - outubro 2014
tipo de produción: 
arte contemporánea
Jacobo Bugarín: "O arquitecto branqueador de soños"

"A través da narcoarquitectura ou arquitectura de narcotraficantes en Galicia, a arquitectura espectáculo e a especulación móstrase un proxecto de investigación artística que analiza as relacións entre determinadas mañas arquitectónicas e o seu automático reflexo na práctica artística contemporánea.

A narcoarquitectura lese como unha mestura de estilos arquitectónicos cunha xeometría asociada á fuxida, como unha fortaleza oca para ocultar ou esconderse ou simplemente como unha construción de pensada localización cuxa relación interior-exterior protexe da ostentación delatora.
Do outro lado as problemáticas sociais son tratadas coa distancia dun pedestal nun exercicio perverso de resignificación que enlaza cunha arquitectura espectáculo entendida como moda –como pancarta–, no que a construción serve para revalorizar, nun acto no que xa todo está permitido e no que o discurso (o tema en sí) tórnase prescindible a favor do artista-arquitecto que sabe utilizalo.
En definitiva, a arquitectura como evidencia de desfalco, que brota cando as contas non cadran, nun acto de especulación que permite “ese braqueo” paralelo que enlazará formalmente todo o proxecto de investigación proposto.

“O arquitecto branqueador de soños” é un proxecto de Jacobo Bugarín financiado por Axudas Creación INJUVE 2013 do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que se presentará en novembro de 2014."

+ info do proxecto: http://www.injuve.es/sites/default/files/2014/12/noticias/Jacobo%20Bugar...
sobre el autor: http://www.jacobobugarin.es/

Imaxes da presentación do proxecto

Jacobo Bugarín. "Narcoarquitectura: arquitectura do narcotráfico en Galicia". Fotografías: Jacobo Bugarín

Jacobo Bugarín: 'Narcoarquitectura: arquitectura do narcotráfico en Galicia' (Presentación do proxecto: 26 de dec. 20.30 h)

Este venres 26 de decembro, a partir das 20.30 h, Baleiro acolle a mostra do final do proceso e presentación pública de 'Narcoarquitectura. Arquitectura do narcotráfico en Galicia', proxecto que Jacobo Bugarín desenvolveu en parte durante a súa residencia artística no noso local e que contou co financiamento dos premios Injuve creación.

A elección do espazo e o modo de facelo público pasa a ser un factor decisivo, xa que parte do discurso proposto baséase no valor engadido e a especulación que a arquitectura e a arte confiren a determinados obxectos e sistemas de relacións, e como contrapunto a el este espazo ofrece un lugar necesario que propicia un achegamento distinto nun ton informal e sempre reflexivo. E é que me gustaría concibir esta presentación pública como un xeito de abrir o proxecto ao diálogo mostrando o proceso e as pezas producidas sen necesidade de cinguirme á idea de exposición ao uso, afastándome dalgunha forma do ideal preconcibido por todos, intentando atopar un rexistro adecuado.

Jacobo Bugarín

[...]