• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Fran Quiroga (coa consultoría de Andrea Olmedo e Xeito): As áreas de descanso como espazos sexuais

período de residencia: 
Artropocode 2013 (19-29 de agosto)
tipo de produción: 
Debate/reflexión teórica e intervención artística
Fran Quiroga (coa consultoría de Andrea Olmedo e Xeito): As áreas de descanso como espazos sexuais

Cruissing, paisaxes hackeados, queer, sexualidade, territorios, marxinalidade.

A marxinalidade das prácticas homosexuais ou sexuais “outras” ao longo do tempo implicaba a necesidade de atopar espazos esquecidos, lonxanos ou de paso, onde fora posible ocultarse e difuminarse no anonimato. Estes espazos representaba un lugar de encontro entre persoas anonimas que só buscaban desfrutar do seu desexo, agochado por unhas estructuras que non permitían exteriorizar esas necesidades.

Os cuartos escuros, as áreas de descanso, os baños públicos eran lugares para o intercambio de prácticas sexuais entre moitas persoas que non podían buscar este tipo de relacións noutros lugares máis ou menos públicos.

Co paso do tempo, e co proceso de “normalización” desas outras prácticas sexuais, así como a apertura doutras vías de comunicación para a procura da satisfacción do desexo, como poden ser bares de ambiente gay ou as webs de contactos, fixo que aqueles espazos xa non cumplisen esas funcións, ao non ser xa necesarios, en moitos casos, para atopar aquelo que se buscaba.

O que buscamos con isto é pensar en torno aos lugares como espazos sexuais, de como eses lugares son construidos cunha finalidade e logo eran hackeados debido a necesidade que había de crear espazos onde realizar determinadas prácticas sexuais “non normativas”.

Analizar como os as áreas de servizo ou descanso se poden entender como espazos reproductivoc, de como esta marxinalidade afectaba a esas persoas que se desplazaban alí, ver como estos espazos foron mudando, e como os espazos virtuais aben outras formas de relacción.

En parte o que buscamos con esta proposta á facer unha “homenaxe” a estos lugares que foron desprezados pola maioría da poboación, cando cumprían unha necesidade fundamental no sentido de que alí se desenvolvían unha serie de prácticas sexuais, que doutro modo non se poderían realizar.