• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Compañía Cisma

período de residencia: 
novembro de 2011 - maio de 2012
tipo de produción: 
danza contemporánea
Compañía Cisma

A Cía. Cisma nace en 2009, fundada por Xiana Vilas e Isabel Sánchez, debido á inquietude destas dúas artistas na búsqueda de novas formas de entender a danza. O interese común por establecer novos diálogos con outras disciplinas e a procura de novas formas de expresión a través do movemento, son os eixos principais en torno aos que xira o traballo desta compañía.

No 2010, a compañía Cisma estrea a súa primeira peza "Entre nanas e escombros", onde se contrapón a obstinación e obsesión do mundo adulto coa espontaneidade do mundo infantil. En 2011 únese á compañía a bailarina e actriz Fiona B. McCudden despois da súa colaboración en "Macho" con David Loira. En Xullo do 2011 a cia Cisma desfruta dunha Residencia Artística na Sala Santart. Ao remate desta residencia estréase a obra "Un disfraz equivocado" na Sala Santart en Santiago de Compostela, unha peza que pouco depois se podería ver na Gentalha do Pichel, no primeiro dos Encontros Off organizado por Baleiro e outros axentes culturais de Galicia.

Tras este contacto, Cía Cisma solicitou o uso dos recursos de Baleiro para seguir avanzando en "Un disfraz equivocado", unha produción inspirada na obra do escultor Pablo Barreiro "Máscaras" e nos versos de Pessoa "A tabaqueria", onde se afonda na problemática da individualidade e da sociedade, permitíndonos reflexionar sobre a nosa propia identidade e as pequenas máscaras que nos conforman. Esta obra foi representada en varios espazos por Galicia.