• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Antonio Gontán

período de residencia: 
maio de 2012 - febreiro de 2013
tipo de produción: 
danza
Antonio Gontán

Antonio Gontán, bailarín cunha longa experiencia tanto no ballet clásico como na danza contemporánea, está a preparar unha coreografía en Baleiro con música de Vivaldi. 

Segundo as súas propias palabras, "a peza levará por nome Intersticio, e fai alusión a un cosmos en miniatura dentro da nosa mente onde contactamos con nós mesmos -os nosos medos, ansiedades, reaccións e hábitos. É un estado de desapego e illamento do mundo material, das sensacións, da temporalidade, das ideas banais e egoístas que impiden unha visión directa da realidade. Un territorio de conflito onde nos enfrontamos a un rival que non é un adversario senón un socio comprometido en axudar a entendérmonos máis plenamente".

Antonio Gontán vive actualmente en Santiago de Compostela. Formouse en danza contemporánea no Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance, en The Place e na Greenwich Dance Agency, en Londres. Tamén nesta cidade, na Royal Academy of Dance School, ampliou o seu dominio do ballet clásico, que comezara practicando no Conservatorio Profesional de Danza da Coruña. Ademais, recibiu clases de profesores rusos independentes (técnica Vaganova) e asistiu a cursos intensivos con Ángel Corella, Víctor Ullate, Christine Marchant e Carmen Pérez Osorio. En contemporáneo, ten traballado en pezas baseadas nas técnicas Limon, Releasecontact improvisation, ou Cunningham cos coreógrafos Ben Wright, Jamie Watton, Mark Murphy (V-TOL Dance Company), Lizzie Kew-Ross, Etta Ermini (Etta Ermini Dance Theatre) ou Armando Martén e no ámbito do ballet clásico, ten interpretado diferentes personaxes para o European Ballet, a Chelsea Ballet, o Conservatorio Profesional de Danza de A Coruña ou o Pamela Howard School of Dancing, en espectáculos como 'Gaîte Parisienne', ‘Les Sysphides’, ‘La Fille Mal Gardee’, ‘La Sylphide’, ‘El Cascanueces’, 'Rhapsody in Blue’ ou 'La Bella Durmiente', entre outros. 

Podes ver algúns dos seus vídeos nesta ligazón.