strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Baixo a praia, o pladur

O ‘68 supuxo por primeira vez o recoñecemento da xuventude como factor sociopolítico activo e importante. Para dar voz as súas críticas, os estudantes inauguraron un novo canal de expresión urbana extra-oficial. As innovadoras estratexias entre o comunicativo e o artístico, influíron na arte do momento, e convertéronse no soporte de moitas das expresións a chamada “contracultura” contemporánea. Anónimo, novo, espontáneo, provocador, positivo, enerxético.

Reflexións que perturban o cotián dende as rúas. Mediante o uso de sprays e pinturas industriais, e xogando co poder da palabra, abordáronse temas que seguen presentes no debate actual, como a superación da arte ou a teoría crítica da sociedade do benestar, e que continúan enchendo muros e non-lugares do tecido urbano hoxe en día. Queremos recuperar algúns dos mensaxes máis vitalistas que dende os muros franceses pasaron á historia coma un berro de liberdade. Estas frases recuperan a vida, non como unha sinxela conmemoración histórica, coma un icono, senón en clave de pregunta: ¿Segue viva a mensaxe crítica e revolucionaria, segue a ser válida para nós, estudantes do 2008? ¿Permanecerán estas frases no imaxinario colectivo da intención liberadora ou polo contrario converteranse en aquilo contra o que loitaban, nun produto banalizado da historia? Baixo a praia, o pladur é un proxecto de María Rodríguez e Merche Gómez Sande instalado na Facultade de Historia da USC entre maio e xuño de 2008.

287 288

292 293 295 296 297 298