O espazo

Baleiro é un anexo subterráneo da Facultade de Filoloxía da USC. Gracias á cesión do Decanato e ao compromiso económico da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, puidéronse realizar obras de acondicionamento e adecuar o espazo para o seu uso continuado. Aínda que dentro do complexo da Facultade, o acceso ao espazo é independente do resto do edificio. Isto é moi importante para nos, xa que permite o seu uso fora das horas e días lectivos da Universidade. Como se trata dun subterráneo que non linda con ningunha outra dependencia, tampouco existen problemas de ruídos.

Equipamento: 6 mesas de traballo (2X1m.), 35 cadeiras plegables, 1 posto informático completo (conexión á Red Iris), 1 servizo Wi-Fi, 1 terminal telefónica, 1 proxector multimedia, 2 altofalantes autoamplificados de 300W, 1 mesa de misturas de 6 canais, 1 micrófono para voz. Dimensións do espazo: Altura: 2,8m; Anchura: 6,5m, Profundidade: 11m.

361 357

363

360

358 364