II Encontro Off Foro Internacional de Espazos para a Cultura

Continuando co xeito de facer do I Encontro Off de artistas novos da Cidade da Cultura, o vindeiro martes 8 de novembro convocamos a un visionado público e debate do I Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC), que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre os días 8 e 10 de novembro. Como proposta de traballo que xa quedara plantexada nas sesións do primeiro encontro, trataremos a construcción colectiva dun mapa físico e dixital de relacións de poder do sector cultural en Galicia. Para elaborar este mapa de poder, comezaremos a debuxar as relacións persoais e profesionais dos principais axentes culturais, empresariais e insitucionais cos que estamos en relación, incluíndonos a nós mesmos e as nosas relacións e posicións de poder.

O encontro terá lugar en Baleiro, durante todo o día do martes 8 de novembro. Os horarios do visionado vía streaming son: 11:00 Apertura. Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura e Turismo; 11:30 Conferencia Inaugural. Ismail Serageldin, Director da Biblioteca de Alexandría; 17:00 Natalio Grueso, Director Xerente do Centro Niemeyer de Avilés; 18:30 Allegra Burnette, Directora Creativa de Digital Media do MOMA de New York.

417 418 419 Imaxes do I Encontro: Paulina Funes420