Mallo/Lana/Orza
A noite do pasado xoves 24 de marzo tiñamos programado un concerto de Alexander Bruck e Miguel A. García. Lamentablemente, esa mesma tarde un burato na estrada deixoulles sen dúas rodas preto de Ponferrada. Finalmente, ás 24:00, chegaron a Compostela. Entre os convidados, Roberto Mallo, Joaquín Lana e Pablo Orza, que se prestaron a botar unha man e tomaron o relevo de Alexander e Miguel para levar a cabo dúas improvisacións. Desde aquí queremos agradecerlles aos cinco o seu esforzo nunha noite que, malia todo, resultou ben.



