• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Alexander Bruck/Miguel A. García

Gostamos de convidarvos ao concerto que Alexander Bruck e Miguel A. García darán o xoves 24 de marzo ás 21:00 en Baleiro. A actividade musical de Alexander Bruck (México/Alemania, 1975) atópase entre a tradición e a búsqueda de horizontes radicalmente novos, transitando entre a música de concerto dos séculos pasados, o rock, o free jazz, o noise e terreos colindantes coa arte sonora. Despois duna educación musical discontinua, estudos de filosofía e varios anos de tocar en orquestras sinfónicas, asistiu en 2002 aos cursos de música nova de Darmstadt, despois do cal estudou entre 2003 e 2006 en París con Garth Knox, ademáis de participar en cursos e talleres ao longo de Europa, onde recibiu valiosos estímulos de parte de músicos como Stefano Scodanibbio e membros dos ensembles recherche Modern e Klangforum Wien.

O seu traballo céntrase na exploración das posibilidades sonoras de distintos instrumentos de corda, nunca búsqueda de timbres máis aló das técnicas extendidas e cercana á electroacústica, so que usando cada vez menos medios electrónicos, excepto a amplificación. Bruck tense presentado na mayoría de foros e festivas de música improvisada en México, y ten tocado en varios países de Europa, así como en Perú e Estados Unidos. Ademáis de crear a súa propia música -polo xeral en colaboración con otros improvisadores- impulsou a creación de obras para viola de novos compositores (Ignacio Baca Lobera, Iván Naranjo, Hiram Navarrete, Gabriel Paiuk, Carlos Iturralde, entre otros), é un activo intérprete e promotor no seu país da música de autores como Christian Wolff, James Tenney, Morton Feldman e Frederic Rzewski. Desde 2008 encina viola e música contemporánea na Escuela Superior de Música del Centro Nacional de las Artes da cidade de México.

O traballo de Miguel A. García trata sobre o sonido e a súa organización formal, nun camino intermedio entre aa improvisación libre e a composición electroacústica. Na súa faciana máis purista como improvisador, explora con profundidade a súa relación co dispositivo electrónico, convertíndoo en instrumento a través duna mesa de misturas retroalimentada. Formado en Belas Artes e Audiovisuais, foi artífice de proxectos como Xedh, Cooloola Monster, Mubles, Baba Llaga ou Válvula Antirretorno. Tamén é director dos selos Doministiku e Larraskito, do clube de mesmo nome, e do festival bilbaino Zarata Fest. O seus traballos teñen sido editados en selos de todo o mundo e a súa proposta de directo levouno a museos, galerías e festivales de todo o territorio nacional e varios paises como Estados Unidos, Noruega, Polonia, Portugal e Francia.

382 Cartaz do concerto