• strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.

Lo que puede un cuerpo. Jordi Claramonte

Baleiro retoma as súas actividades desde a súa nova ubicación, un local cedido e acondicionado pola Vicerreitoría de Cultura da USC na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Trátase dunha mesa de debate con Jordi Claramonte Arrufat, que ven de publicar con CENDEAC Lo que puede un cuerpo: ensayos de estética modal, pornografía y militarismo.

Como podemos ler na súa introdución:

Baleiro en 'Aquí xa é noite'

Este martes Baleiro estará na Radio Galega no programa Aquí xa é noite, que se emitirá entre as 00:00 e a 1:00 da madrugada. Exporemos as nosas intencións e os pormenores do proxecto, así como as iniciativas e actividades que estamos a desenvolver.

¡Escoitámonos!

Puntos e comas

Os diferentes graos de escritura que se acumulan nos muros, especialmente nun contexto eminentemente universitario como é o de Santiago de Compostela, son o reflexo dunha epidermes urbana en constante movemento, en constante reubicación de conceptos como propiedade ou autoría, que hoxe móstransenos non operativos fronte á urxencia do camiñante. Esta aparente perda de información no espazo público visible xera á vez novos espazos en branco, susceptíbeis de seren reapropiados de novo e así, sucesivamente. Este comportamento circular determina coordenadas de localización e duración non estables, convertendo  ao muro xenérico das nosas cidades en soporte de configuracións cambiantes, solapamentos de significacións que lonxe de interromper ou esgotar este mecanismo de expresión espontáneo, renóvano constantemente.

Baixo a praia, o pladur

O ‘68 supuxo por primeira vez o recoñecemento da xuventude como factor sociopolítico activo e importante. Para dar voz as súas críticas, os estudantes inauguraron un novo canal de expresión urbana extra-oficial. As innovadoras estratexias entre o comunicativo e o artístico, influíron na arte do momento, e convertéronse no soporte de moitas das expresións a chamada “contracultura” contemporánea. Anónimo, novo, espontáneo, provocador, positivo, enerxético.

Poéticas de Resistencia: Prácticas-Repertorios-Estratexias

Os vindeiros 16 e 17 de Abril terá lugar en Santiago de Compostela a segunda edición do Simposio Internacional Poéticas de Resistencia, organizado polo grupo de investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC e a rede internacional Poetics of Resistance. Tedes o programa completo e mais os resumos das intervencións dos participantes na súa web. O encontro terá lugar no Centro de Estudos Avanzados da USC e tamén realizaranse diversos actos noutros espazos culturais da cidade. Dentro desta axenda paralela, o día 15 de Abril teremos en Baleiro a Jordi Claramonte, que nos achegará ao seu novo libro Lo que puede un cuerpo: ensayos de estética modal, pornografía y militarismo. Esperamos vervos por alí.

[...]

Ciclo de cinema Maio 08

O ciclo de cinema Maio’08 quere achegarse ás experiencias cinematográficas que arrodean os sucesos de Maio de 1968, non só para achar a representación documental dun momento determinado, senón polo que ten este cinema de cuestionamento dos modelos de representación dominantes. Un cinema, por tanto, que chega a nós como pregunta aberta sobre o presente, e que ten a virtude de facer as cuestións pertinentes sobre as súas formas de intervención na realidade tanto como no imaxinario, cuestións que, segundo a nosa opinión, convén facer presentes aquí e agora.

Synusia

Synusia é un proxecto editorial cuxa intención é crear unha plataforma literaria de debate sobre cultura contemporánea. A experimentación en cada número con diferentes formatos de edición e difusión. Synusia pretende crear un medio escrito bimensual, económico e, tras o seu uso, reciclable como escultura conceptual. A crítica, entendida como a capacidade de analizar e valorar unha situación, é o medio de que dispomos para resistir ou ceder por vontade propia. Este espazo non é o fin, só un medio para a realización dun proxecto en concreto: un lugar descoñecido onde suceden cousas impronunciables. Desde este medio queremos convidarvos a enviarnos as vosas propostas e colaboracións, tanto orixinais como de textos xa publicados con posibilidades de difusión. Aceptaranse iniciativas tanto si son gráficas como audiovisuais que incidan na experimentación, xa sexa en canto a contidos, edición, ou no formato de difusión.