• strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.

A situación dos medios escritos en galego

O vindeiro martes 22 de marzo ás 18:00 Baleiro acolle a mesa redonda A situación dos medios escritos en galego. Análise e perspectivas, organizada polo Centro de Estudios y Análisis Social de Galicia coa participación do Prof. Dr. Luís Álvarez Pousa, Manuel Rivas García, o Prof. Dr. Juan Luís Pintos de Cea-Naharro e o Dr. Juan R. Coca. Agardamos a vosa presenza.

Carlos Suárez

O vindeiro xoves 24 de febreiro ás 21:00 teremos en Baleiro ao etnomusicólogo Carlos Suárez presentando Sapere Aude. Neste concerto utilizaranse como materia prima paisaxes sonoras en perigo de extinción gravadas en Venezuela e Galicia durante 15 anos. Estes sons foron procesados e reconfigurados para establecer un discurso sonoro que servirá de base á execución en directo de son procesado no ordenador. O concerto reflexiona en torno ao proceso de desintegración da diversidade cultural e biolóxica en moitas zonas do planeta, as súas consecuencia s sobre o progreso humano e as causas que o motivan. Expón a contraposición entre a dialéctica da multiplicidade das ideoloxías sonoras e os dogmas inamovibles da sociedade de consumo.

EV. Enquisa aos colectivos

Esta enquisa foi realizada por algúns dos colectivos que participan en Evasión ou vitoria. O texto establece un punto de partida previo aos eventos, no que podemos situar as áreas de acción dos participantes, os seus métodos de financiamento, produción e xestión.

Suboko/France Sauvage

Máis experimentación en Baleiro. Neste caso, presentamos a dúas agrupacións francesas que baixo o título Sub-France Tour, virán, a presentar en Santiago de Compostela unha boa mostra de música libre feita no país veciño. O concerto terá lugar o xoves 29 de abril de 2010 ás 20:30.

Xedh/Esmer Di

Miguel A. García (Xedh) traballa co son e as súas construcións formais. Nace en Gasteiz en traballa en Bilbo. Desde 2008 e codirector da plataforma de difusión de arte sonoro e música experimental vasco-galega Larraskito, que comprende un net-label e un espazo do mesmo nome. desde 2006 dirixe e organiza o Zarata Fest, localizado no L´mono de Bilbo. Esmer Di é a proposta sonora de Eva Álvarez, unha novísima rapaza compostelana que de seguro non desixará indiferente a ninguén.

[...]

Emilio José

Este xoves 28 de xaneiro Baleiro presenta ao músico ourensán Emilio José en concerto. O ex-compoñente do grupo Apeiron virá a presentar o seu primeiro elepé en solitario, o dobre disco Chorando apréndese (Foehn, 2009) que ven de recibir excelentes críticas en toda a prensa musical nacional. Será o seu segundo paso por Santiago nos últimos meses, aínda que esta vez nun formato de solo.

Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise

Artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na producción e difusión da cultura, reuníronse do 8 ao 13 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela, para reflexionar e debatir sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise. Desde Baleiro non quixemos deixar pasar a invitación a participar dos organizadores Laboratorio de Creación Artística (a asociación detrás de Roteiro de Creación, que desde fai tres anos activa a cidade con obradoiros e visitas a talleres de artistas), e propuxemos unha charla ao longo dunha tarde na que repasamos algúns proxectos baseados no concepto de cultura de baixa intensidade.

Dialéctica da improvisación

Dende o Festival Fase de Música Improvisada e Baleiro queremos convidarvos á presentación de Dialéctica da improvisación, un obradoiro de experimentación sonora dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, esteades interesadas en compartir experiencias creativas con nós. A presentación dos coordinadores do obradoiro, Roberto Mallo e Miguel Prado, terá lugar o vindeiro Sábado 30 de Maio ás 20:30 en Baleiro.

En estado crítico. Sobre políticas e economías da Arte no eixe noroeste

O vindeiro xoves 17 de marzo Baleiro acolle a presentación do libro En estado crítico. Sobre políticas e economías da Arte no eixe noroeste, editado por LIBA e que xorde a raíz das xornadas Roteiro en estado crítico, celebradas en Maio de 2009. Nelas debateuse sobre políticas e economías da arte no eixe noroeste e máis polo miúdo sobre a situación galega. Na publicación participan José Andrés Santiago Iglesias, José María Durán Medraño, Miguel Anxo Rodríguez, Beli Martínez Martínez, María Magán, Ania González Castiñeiras, Martín Caeiro, María Marco, Joan Morera Arbones, Mar Caldas, Renata Outeiro e Andrea Jambrina.

Laboratorio Hermético de Performance

A través da canle directa da Universidade de Santiago de Compostela (http://tv.usc.es/directo) temos o pracer de convidarvos á retransmisión do Laboratorio Hermético de Performance, que acontecerá durante os días 22, 23 e 24 de febreiro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas ininterrumpidamente.

A cidade interpretada. Encontro con Pablo Fanego

Desde Baleiro gustaríanos convidarvos a un encontro co comisario Pablo Fanego. O evento terá lugar o venres 12 de novembro ás 19:30 en Baleiro. Como sabedes, Pablo ven de presentar a segunda edición de A Cidade Interpretada. A nosa intención é establecer unha charla sobre o proxecto de arte pública que naceu en 2006 nas rúas de Santiago de Compostela e que desde outubro de 2010 podemos desfrutar de novo. Así mesmo, tentaremos achegar outras reflexións máis amplas como o papel dos comisarios fronte as políticas culturais ou a situación do espazo público na Galiza, polo que nos gustaría contar coa vosa presenza e opinións.

Herrn/Above the tree

Convidámosvos a este doble concerto de Herrn e Above the tree, parella que estará de xira por España durante o mes de abril. Herrn é o proxecto en solitario de Oscar Vilariño, un bo amigo de Baleiro que xa fai uns meses tivemos o placer de escoitar en directo co seu proxecto xunto a Rafael Mallo, Vale Tudo.

Henritzi/Isohara/Prado

Baleiro volve á colaboración coa Asociación Fase. Nesta ocasión, convidámosvos a un triple concerto a cargo de Michel Henritzi, Shin´ichi Isohara e Miguel Prado. Será a única data en Galicia para escoitar a estes tres improvisadores desfacendo ideas preconcebidas baixo o título April is the cruelest month. Do jazz ao ruído.

Vale Tudo

O pasado 25 de novembro de 2009 puidemos disfrutar de Vale Tudo en concerto, que viñeron a presentar o seu segundo traballo "Gris". O disco foi gravado e mesturado por Roberto Mallo no Taller Electrónico da Coruña e na casa de Bárbara R. Soto (quen toca o piano en dous dos temas ) en Lugo. A masterización correu a cargo de Rafael Martínez del Pozo (AA Tigre, LA JR, Kiev Cuando Nieva, Roldan, David Loss) na súa casa de León. O disco volve a ter un deseño artesanal, cumprindo co seu desexo de facelas cousas coas suas propias mans.

Murayama/Prado

Co gallo da presentación do obradoiro Dialéctica da improvisación, o 30 de Maio de 2009 tivemos en Baleiro un doble concerto a cargo de Seijiro Murayama e Miguel Prado. Esta foi a nosa primeira colaboración coa Asociación Fase, na que organizamos este doble concerto do percusionista e compositor xaponés Seijiro Murayama e o músico coruñés Miguel Prado, e no que tamén presentamos Dialéctica da improvisación: un obradoiro dirixido a todas aquelas persoas que independentemente dos seus coñecementos musicais, estean interesadas en compartir experiencias creativas en torno aos sons máis arriscados.