• strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.

Salâo Olímpico. Entrevista con Isabel Ribeiro e José Maia

O Salão Olímpico, máis coñecido simplemente por Olímpico, é un dos máis amplos salóns de café / sala de xogos de Porto. Situado no centro da cidade, na mítica rúa das galerías de arte –Rua Miguel Bombarda–, foi palco de numerosas performances, exposicións e conversas sobre arte contemporánea entre os anos 2003 e 2005. Por este espazo, coordinado por Carla Filipe, Isabel Ribeiro, Eduardo Matos, Renato Ferrâo e Rui Ribeiro, pasaron máis de 60 artistas de tódalas disciplinas. No ano 2006 a súa actividade foi recollida en dúas exposicións, unha en Guimarâes e outra en Coimbra, tituladas Busca pólos, que deron pé á súa vez a un libro publicado o ano seguinte co apoio da Fundaçâo Serralves.

#Redada en Baleiro

#Redada Santiago de Compostela 1: Cultura e creación na era dixital. Data e Hora: 09.03.2012 de 19:30h a 21.00h en Baleiro. Entrada libre ata completar aforo. MapsHashtag: #redada

IV Encontro Off Economía e Cultura

Onte convocouse na rede a cuarta edición dos Encontros Off. Terá lugar os vindeiros 16 e 17 de febreiro en Baleiro. Nesta ocasión, a comunidade Off fará de espello ao Encontro Internacional de Economía e Cultura que nas mesmas datas terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

III Encontro Off Culturgal

Convocamos á Comunidade Off e a todos aqueles que estean interesados a participar no III Encontro Off: Feira Imaxinaria, que con ocasión da celebración do Culturgal 2011 organizaremos os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Seguindo a organización espacial, conceptual e programática do Culturgal 2011 o terceiro dos encontros Off estructuraráse en torno ás seguintes seccións: Feira, Foro e Actividades.

A voltas co espazo público

Xa se pode descargar da Mediateca do Consello da Cultura Galega o Informe Arte+Espazo público. Neste volume, recompílanse as reflexións dos participantes nas xornadas Arte+Espazo público (Simón Marchán Fiz, Sophie Hope, Nelson Brissac, Rogelio López Cuenca, Javier Tudela, Xosé Manuel Rosales e Pablo Gallego Picard) e inclúense novos artigos a cargo de Camilo Franco, Antón Patiño e Carme Nogueira. A edición tamén inclúe unha reportaxe audiovisual sobre os barrios de Santiago de Compostela, as súas características espaciais e os seus conflitos sociais.

I Encontro Off Cultura de Cidade

En paralelo ao I Encontro de artistas novos Cidade da Cultura. Diálogo construtivo sobre arte contemporánea, que mediante lista pechada se celebrará en Santiago de Compostela do 4 ao 9 de setembro na Cidade da Cultura, o I Encontro Off de creadores novos Cultura de Cidade ofrecerá en Baleiro un espazo aos creadores locais, nacionais e internacionais para manter unhas xornadas de traballo e reflexión aberta sobre a arte, a cultura contemporánea e as súas problemáticas. Así, este espazo común convertirase nunha posibilidade de intercambio e debate sobre aspectos esenciais da creación artística e a súa proxección no mundo real mediante a construción crítica, colectiva e profesional dunha política cultural posible.

MDMME

Ignacio Muñoz compaxina a súa actividade performática (concertos de electrónica e piano en tempo real) con varias liñas de investigación relacionadas co son, o espazo público e o territorio. É un membro moi activo da escena experimental sonora galega e forma parte da comunidade de arte e acción libre Alg-a, a Orquestra de Música Espontánea OMEGA ou o proxecto pedagóxico Orquestra 3xploratoria, entre outros.

Alexander Bruck/Miguel A. García

Gostamos de convidarvos ao concerto que Alexander Bruck e Miguel A. García darán o xoves 24 de marzo ás 21:00 en Baleiro. A actividade musical de Alexander Bruck (México/Alemania, 1975) atópase entre a tradición e a búsqueda de horizontes radicalmente novos, transitando entre a música de concerto dos séculos pasados, o rock, o free jazz, o noise e terreos colindantes coa arte sonora.

Documental

Este documental foi realizado a partir da serie de reportaxes producidas para as Xornadas Internacionais Arte+Espazo Público, que tiveron lugar entre abril e decembro do 2009 na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Este traballo inclúe un compoñente imprescindible na análise, manifestado a través do conxunto de reflexións críticas, entrevistas e comentarios de diferentes protagonistas que habitan a cidade, co pano de fondo de diversas áreas ou zonas urbanas galegas, en concreto da cidade de Santiago de Compostela, onde se desenvolveron estas xornadas. Voces e opinións que definen esas zonas periféricas, zonas en construción, zonas limítrofes ou zonas de tránsito que nos falan e fan reflexionar sobre a verdadeira importancia da planificación, dos procesos de participación cidadá, da ordenación e do proxecto nos diferentes plans de urbanización.

O IV Encontro Off en imaxes

Os pasados 16 e 17 de febreiro tivo lugar en Baleiro a cuarta edición dos Encontros Off. No sitio do proxecto pódese acceder ao listado de participantes así como aos resumos das presentacións que tiveron lugar neses días. Queremos agradecerlles a súa participación a todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, xa forman parte da comunidade Off.  

O III Encontro Off en imaxes

[...]

II Encontro Off Foro Internacional de Espazos para a Cultura

Continuando co xeito de facer do I Encontro Off de artistas novos da Cidade da Cultura, o vindeiro martes 8 de novembro convocamos a un visionado público e debate do I Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC), que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre os días 8 e 10 de novembro. Como proposta de traballo que xa quedara plantexada nas sesións do primeiro encontro, trataremos a construcción colectiva dun mapa físico e dixital de relacións de poder do sector cultural en Galicia. Para elaborar este mapa de poder, comezaremos a debuxar as relacións persoais e profesionais dos principais axentes culturais, empresariais e insitucionais cos que estamos en relación, incluíndonos a nós mesmos e as nosas relacións e posicións de poder.

As posibilidades do alternativo. Reflexións desde a Academia

As posibilidades do alternativo. Reflexións desde a Academia por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez

O pasado 26 de maio tivo lugar na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea un seminario promovido polo proxecto de investigación Canais Alternativos de Creación Experimental. O Eixo Atlántico 1975-2010, da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os convidados atopábanse algúns dos persoeiros máis destacados da teoría e a produción artística española. Como puidemos comprobar ese día, a Academia mobilízase á busca da enésima reformulación do alternativo no mundo da creación contemporánea.

Artropocode Meeting 2011

 Arduino, Openframeworks, processing, visuais, música experimental, puredata, obradoiros, mesas de produción continua, jams, perfomances... Arte dixital e software libre!

En coordinación con Olholivre (GZ) e Audiencia zero (PT) e coa colaboración de Factoría Compostela, a Ghentalla do Pichel e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC.

[...]

Mallo/Lana/Orza

A noite do pasado xoves 24 de marzo tiñamos programado un concerto de Alexander Bruck e Miguel A. García. Lamentablemente, esa mesma tarde un burato na estrada deixoulles sen dúas rodas preto de Ponferrada. Finalmente, ás 24:00, chegaron a Compostela. Entre os convidados, Roberto Mallo, Joaquín Lana e Pablo Orza, que se prestaron a botar unha man e tomaron o relevo de Alexander e Miguel para levar a cabo dúas improvisacións. Desde aquí queremos agradecerlles aos cinco o seu esforzo nunha noite que, malia todo, resultou ben.

[...]