• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise

Artistas, deseñadores e outras persoas implicadas na producción e difusión da cultura, reuníronse do 8 ao 13 de xuño de 2009 en Santiago de Compostela, para reflexionar e debatir sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise. Desde Baleiro non quixemos deixar pasar a invitación a participar dos organizadores Laboratorio de Creación Artística (a asociación detrás de Roteiro de Creación, que desde fai tres anos activa a cidade con obradoiros e visitas a talleres de artistas), e propuxemos unha charla ao longo dunha tarde na que repasamos algúns proxectos baseados no concepto de cultura de baixa intensidade.

Estas xornadas pretendían establecer diálogos coa finalidade de resituar as definicións actuais sobre arte e producción cultural -en xeral-, e plantexar modos de actuación e canles de difusión efectivos en tempos de crise. Para isto contouse con representantes do ámbito creativo, de investigación e crítica, da educación, e de xestión cultural. Confrontáronse as definicións tradicionais de artista, coas novas categorías de “productor cultural”, discutíuse sobre as canles de difusión das produccións culturais nestes tempos de crise e sobre posibles opcións ou mecanismos para incrementar a comunicación efectiva co contorno social.

Algunhas consideracións por parte de LCA:

Por unha banda, faise necesario repensar a figura do artista, e analizar se aínda ten vixencia a definición tradicional. Cada vez con máis forza se está a impoñer o concepto de “productor cultural” e a necesidade de anular as fronteiras entre a alta e a baixa cultura, romper coas vellas xerarquías.

Non estaría mal retomar as discusións de finais dos sesenta e anos setenta sobre a crítica institucional da arte e a “democratización creativa”: desde o “cada home, un artista” de Joseph Beuys, ata a producción de cartaces reivindicativos do maio do 68 francés, como forma de arte anónima. Retomar as ideas de Marcuse e os situacionistas sobre a necesidade de non manter á arte e a esfera creativa separadas da vida, nunha torre de marfil, senón que o xogo e a arte irrumpan nos ambientes da vida cotiá.

En relación con isto, é posible un maior grao de colaboración entre artistas? E entre artistas e empresas? Os tópicos sobre o artista sempre o presentan como creador singular de obxectos específicos e cun altísimo valor engadido, que vive pechado no seu mundo interior. Nun mundo como o actual, rexido polas redes e a interconexión a tódolos niveis, e cunha importancia cada vez maior da idea de interdiscipinariedade (no mundo da empresa, na innovación tecnolóxica, na investigación…), ata que punto é posible manter esta idea do creador como ser illado? Non será esta unha maneira de limitar posibles desenvolvementos? E a quen beneficia este illamento e a épica do creador solitario? Ao artista? A galerías e museos?

Impónse unha reflexión sobre as posibles canles de difusión de productos culturais, que contemplen outros formatos e outros medios de conectar coa xente, á marxe dos museos: revistas, internet, deseño de todo tipo de obxectos, ámbito do traballo, escolas, universidades, centros sociais, etc. O creador pode producir obras de arte, obxectos de deseño, coñecemento, experiencias… Do diálogo e confrontación entre productores culturais que se moven en esferas distintas deberían saír ideas sobre como abordar aos cidadáns, grupos ou colectivos e levar a creatividade ás súas vidas.

E finalmente, nestes tempos de crise, faise necesario repensar a función da arte nas sociedades: que lle poden ofrecer os creadores á sociedade? De que forma enriquecer a vida da xente? E a que xente? Faise acuciante un debate que centre a cuestión sobre a quen se dirixe o traballo dos “productores culturais”. Faise, de novo, necesario repensar a función do creador e desprazar o debate desde a reflexión sobre as necesidades de promoción á que se interesa no servizo que a arte pode proporcionar aos cidadáns. Por que a arte e a creación poden ser útiles ás persoas?

Destinatari@s 

Roteiro en Estado Crítico estivo dirixido a tódalas persoas interesadas nas novas formas de produción artística e cultural. Polo seu despregamento en varios formatos, as xornadas Roteiro en Estado Crítico tentaron ser de interese tanto para os públicos que poidan visitar os obradoiros abertos dos artistas (incluidos no Roteiro de Creación), como para os propios axentes culturais implicados directamente na xestión das actividades e na produción artística. Ademais, pola cooperación de varios colectivos de investigación (LIBA, Baleiro, Dep. de Historia da Arte), será sen dúbida de gran importancia para estudantes e profesores universitarios.

Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise
Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise
Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise
Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise
Roteiro en estado crítico. Gabinete de crise