• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Residencia Artropocode / Summer of Labs 2013

Un SummerLAB é un encontro de Cultura Libre, unha oportunidade para traballar en conxunto cunha gran variedade de creadores, investigadores e activistas no contexto da cooperación e o intercambio aberto. O evento concentra no mesmo lugar a un número indeterminado de persoas con coñecementos diversos e organizadas en torno a nodos – grupos de traballo temáticos. Os nodos son propostos de maneira libre e, por un proceso natural de interacción, adoitan xerar oportunidades de aprendizaxe abertas e colaboracións emerxentes.

Para o verán do 2013, a rede Arco Atlántico decidiu programar unha residencia en Compostela dentro do programa Summer of Labs, que pretende emular a experiencia do ano anterior na que se sucederon unha serie de eventos/laboratorio en diferentes vilas e cidades ao longo da costa atlántica de Europa e África – desde Nantes (Francia) a Casablanca (Marrocos), pasando polo País Vasco, Galicia e Portugal.

Baleiro acolle e produce esta proposta en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, dando ademais continuidade aos econtros Artropocode, cuxa primeira edición tivo lugar en Baleiro e en Factoría Compostela no verán do 2011 e á que lle seguiu en outubro de 201 2, xa no marco dos Summer of Labs, un encontro no LCD (Laboratório de Criação Digital) de Guimarães. A Residencia Artropocode. Interseccións artísticas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s) terá lugar entre o 19 e o 29 de agosto e o período de recepción de proxectos estará aberto ata o próximo 30 de xuño. Consulta o open call abaixo.

Crónica do Artropocode 2013

O aRtropocode 2013 comezou con diversas hipóteses de traballo. A linha de traballo fundamental  foi a interrelación entre arte(s), tecnoloxía(s) libre(s) e sociedade(s) como cada evento do circuito summeroflabs-Arco Atlántico, no que nos une a práctica dos procesos como fundamento para a creación e a liberación do coñecemento como base para a construción dunha cultura compartida. Plantexamos unha aposta particular pola interrelación entre corpos, organismos e tecnoloxías (biohacking) xunto ao equilibrio entre participantes galegos-lusófonos e doutros espazos, validada polas propostas presentadas. Estas incoporaron outros elementos chave como a cartografía de territorio(s) subxectivo(s).

Presentación de proxectos Artropocode 2013

Este xoves 29 de agosto, a partir das 17.00 horas, presentación dos proxectos desenvolvidos durante a residencia transdisciplinar de portas abertas aRtropocode 2013.

Aquí o programa:

Open Call Residencia Artropocode 2013

Interseccións artísticas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s)

|| Rede Arco Atlántico, Baleiro Lab e USC - Compostela ||

Algunhas imaxes do Artropocode 2013

Algunhas imaxes do Artropocode 2013, por cortesía de Horacio González (máis fotos no seu flickr) e Beka

Proxectos participantes no Artropocode 2013

A continuación podedes ler unhas breves notas sobre os diferentes proxectos que participarán na residencia colectiva transdisciplinar Artropocode, que como sabedes comezará o próximo día 19 de agosto e se prolongará ata o día 29. A residencia será de portas abertas, polo que vos podedes pasar calquera día para investigar e colaborar. Ademais, se queredes compartir cos residentes e os visitantes ocasionais algunha idea ou iniciativa, haberá un espazo para a participación aberta ás 20:30 horas, todos os días excepto o fin de semana (24-25) que andaremos por Coruña. O xoves día 29 haberá unha presentación pública dos proxectos desenvolvidos na residencia, nun lungar aínda por confirmar. Seguiremos publicando info progresivamente.

[...]