• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Open Call Residencia Artropocode 2013

Interseccións artísticas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s)

|| Rede Arco Atlántico, Baleiro Lab e USC - Compostela ||

516

Open call Residencia Artropocode 2013 (19-29 agosto).

 

Que é?

Esta residencia está plantexada como un espazo de convivencia e xeración de proxectos baseado no work-in-progress e a cooperación. Do It Yourself, Do It Together.

Que tipo de propostas sen van desenvolver?

O obxectivo é traballar colectivamente nun ou varios proxectos que xiren en torno ao software e hardware libre, o transfeminismo, a interactividade, o fabbing, o storytelling, as cartografías experimentais, o noise, a performance, a háptica, o biohacking, e un longo etcétera aberto a propostas en conexión coa dinámica habitual dos summerlabs e summeroflabs :)

É posíbel presentar unha proposta individual e xenerar na propia residencia as equipas de traballo, ou ben presentar directamente unha proposta colectiva

Cantas persoas podemos acoller?

A organización pode asegurar aloxamento e dietas para 9 persoas, e distribuirá axudas para desprazamentos na medida das súas posibilidades. A nosa intención é que haxa un equilibrio entre o número de participantes que sexan do contexto local galego, e aquelxs procedentes doutros nós do Arco Atlántico e alén.

O espazo de traballo work-in-progress estará aberto á visita de calquera persoa para facer preguntas, ofrecer colaboracións...

Que é o Arco Atlántico?

A.A. (Arco Atlántico) é unha rede distribuída de axentes culturais que funcionamos como unha plataforma de recursos para o impulso de proxectos na rexión do Arco Atlántico.

Somos un grupo, transfronteirizo e aberto, de asociacións, colectivos, entidades, institucións e, sobre todo, persoas. Corporeizámonos en laboratorios, medialabs e outro tipo de espazos experimentais.

Únenos a idea e a práctica dos procesos como fundamento para a creación e cremos na liberación do coñecemento como base para a construción dunha cultura compartida. Operamos nos ámbitos de intersección entre a arte, a tecnoloxía e a sociedade.

A orixe. Que son os summerlabs?

Un summerlab é un evento de comunidade, que presenta como características ser:

  • Libre, aberto e gratuíto.
  • Impulsado por axentes ou entidades do entorno no que ten lugar, e vencellado ao contexto no que se sitúa.
  • Unha organización das actividades na que toda persoa interesada pode propoñer contidos.
  • Todas as participantes comparten coñecementos “facendo”.
  • Non hai expertas, todas somos aprendices dalgo e aprendemos entre todas.
  • Fomenta o DIY e o DIWO, a cultura libre e o uso de tecnoloxías e licenzas libres.

Onde terá lugar a residencia?

O traballo desenvolverase principalmente en Baleiro, un espazo anexo á Facultade de Filoloxía da USC, apoiado pola Universidade pero de xestión independente. A Universidade de Santiago Compostela poñerá a disposición das necesidades do proxecto diferentes salas de exposición e auditorios. Temos previstas saídas para coñecer algúns colectivos e iniciativas da zona.

O espacio de traballo work-in-progress estará aberto á visita de calquera persoa para preguntar, ofrecer colaboracións...

Como podes enviar as propostas e ata cando?

Podedes enviar unha breve descrición da vosa proposta, xunto a algunha imaxe e link do voso traballo previo e/ou das referencias da proposta, ao enderezo artropocode@gmail.com ata o 30 de xuño.

Sabemos que as propostas mutarán en interacción coas outras persoas/inputs.Non vos preocupedes, gústanos moooito iso :-)

Que infraestrutura de comunicación empregaremos?

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua