• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Obradoiro GAmuza

Os vindeiros 3 e 4 de decembro Baleiro albergará un obradoiro para coñecer e utilizar GAmuza, un software de aplicacións modulares que conxuga un entorno ScriptEditor con utilidades para a escenografía, a realización de performances audiovisuais en directo, o desenvolvemento de deseño interactivo e, principalmente, a ensinanza de arte electrónico. O obradoiro estará a cargo do seu desenvolvedor, Emanuele Mazza. Esta primeira fase en Compostela estará centrada en dar os primeiros pasos na programación creativa e terá continuidade nun workshop expandido no Alg-a Lab (Vigo) entre os días 5 e 9 de decembro, onde se construirá un espazo interactivo con cámaras, sensores e arduinos nun dos contedores do espazo. GAmuza é software en código aberto distribuido baixo licencia MIT1 e está actualmente desenvolto para Ubuntu x86 e OS 10.6 ou superior. Pódese descargar en: http://www.gamuza.cc/ e acceder a máis información aquí e no dosier. Neste vídeo, Emanuele Mazza explica o sofware e a súa relación co Laboratorio de Luz, un centro de investigación vinculado á Facultade de Belas Artes de Valencia.

GAmuza, live coding e GUI modular, do 3 ao 4 de decembro de 2012. Obradoiro de 10 horas de duración. Sesións a partir das 16.00 h.

Programa:

  • Introdución a entorno de desenvolvemento GAmuza e a súa relación con openFrameworks e Processing.
  • Live Coding e GUI modular, o bo da hibridación.
  • Introdución á programación creativa con GAmuza.
  • Obradoiro colaborativo de programación.

Prezo: 30€ (24€ para estudantes, paradas e socias Alg-a). Descarga a ficha de inscrición en .odt ou .pdf.

507