• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Mesa redonda

O vindeiro venres 20 de xullo ás 19:00h., no marco da exposición Como medir un planeta, FAC Peregrina celebra unha mesa redonda que contará coa presencia de dous convidados destacados: a artista Carme Nogueira e o arquitecto Pablo Gallego Picard. O debate, no que tamén participarán os artistas e os curadores da mostra, realizará diversas achegas á problemática do territorio no contexto da globalización, ben desde a arte e o urbanismo, ben desde a tecnoloxía ou a economía.

Pablo Gallego Picard (A Coruña, 1968) é arquitecto e profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da ETSA da Coruña. Formouse colaborando con estudios de arquitectura como David Chipperfeld Architects ou Stan Allen, realizando prácticas de cinema cos Doyle Brothers na Panico Film School e co estudio do realizador Jeff Scherr. Cursou estudos nas Escolas de Arquitectura, Artes Visuais e Cine da Universidade de Columbia. É o coeditor da revista de arte e arquitectura O‐monografías (Actar). Ten publicado, de forma individual ou en colaboración, a serie de libros sobre fotografía e arquitectura Terra (COAG). Formou parte do Pavillón Español da Bienal de Venecia de Arquitectura 2002 e participou na XXX Bienal de Arte de Pontevedra. Cabe salientar a súa exposición individual Un Viaje Por... deriva I na Fundación Torrente Ballester (Santiago de Compostela), en Arquerías de Nuevos Ministerios (Madrid) e na nova sede do COAG (Vigo).

Carme Nogueira (Vigo, 1970) é artista, licenciada en Belas Artes pola Universidad de Salamanca e doutora pola Universidade de Vigo. Foi profesora asociada e investigadora nesta última universidade, así como bolseira na Hochschule Künst (Berlín). É autora do estudo La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada (Alfons el Magnanim, Valencia, 2001), sobre a confuencia entre a arte e o espectador nos modelos de representación posthistóricos. Entre 2007 e 2008 codirixiu o proxecto A trama rururbana para o CGAC (Santiago de Compostela). Durante 2011 traballou no proxecto Bewegtcentrum en Berlín como bolseira da Fundación Botín. Actualmente ven de presentar Castillete. Retablo minero (El paisaje en desplazamiento I) no MUSAC e está a traballar no proxecto El centro en desplazamiento II: La citoyennetè, co apoio de Manuel Segade, gracias á bolsa de produción Montehermoso de Arte e Investigación.

497