• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Maio 08

Escoller os acontecementos de Maio do 1968 como motivo de reflexión non responde a unha interese especial deste equipo de xente pola revisión histórica, senón máis ben a unha imposición temática forzada polo calendario. 40 anos, unha coincidencia numérica que, naturalmente, non se lle escapará a multitude de programadores institucionais, foros de debate, museos, festivais de cine, centros de investigación, que porán de novo de actualidade (durante algún tempo) as preguntas e os cambios sociais enmarcados nesa época.

A casualidade da data tomámola en Maio 08 sen cuestionar a oportunidade ou non desa revisión, que se podería facer en calquera momento. Toda a produción de ideas, de xeitos de expresión ou formas políticas que se poden asociar á etiqueta Maio (París) do 68, reúnese nun marco conceptual que nos chega inexplorado nalgunhas das súas significacións e esquilmado noutras. O caso é que ese marco conceptual, de natureza multiforme, convértese no único condicionante dun encargo feito por nós mesmos para nós mesmos: Baleiro asume a tarefa de xerar unha serie de proxectos que consideren Maio do 68, sinxelamente, coma un lugar obrigado de paso. Este motivo integrador de Maio 08 non é nin o punto de partida nin o lugar de chegada dos proxectos, que poderán ser independentes ou estar interconectados; a única obriga na súa concepción ou formulación será a de tocar o tema do 68, aínda que sexa de maneira tanxencial, no camiño de volta ou por unha mera cuestión de resonancia.

"El arte que se apodera de la calle abre nuevos espacios para el debate democrático, en íntima relación con la experiencia personal. Por supuesto, arte y vida jamás son tan simples y nunca pueden garantizar resultados positivos. La mera existencia de unos momentos tan amenazantes es la razón por la que tantas formas sociales contemporáneas se muestren como dispositivos de captura, suturas extrañamente seductoras o tejidos cicatrizantes sobre los estallidos de expresión colectiva. No es casualidad que despues de la agitación de Mayo del 68 surgiera una institución masiva y públicamente subvencionada en Francia, y en mayor o menos medida, en todas las socialdemocracias.” (Extracto do texto Revoluciones intermitentes de Brian Holmes, 2003)

Os catro proxectos descritos abaixo responden a este condicionamento de maneira diversa, e revélanse como exemplos dalgunhas das tácticas que marcarán a produción de contidos que se xeren en (ou desde) Baleiro:

Synusia é o número 0 dunha publicación de periodicidade variable, un proxecto editado desde Baleiro que nesta ocasión alude ao 68 non só nos seus contidos, -enfrontando textos orixinais da época con discursos contemporáneos ao respecto- senón tamén no seu xeito de circular. Precisamente, experimentar en cada número con diferentes formatos de edición e transmisión será unha das premisas de Synusia, que constituirá unha decidida aposta pola libre distribución, o traballo en rede e a autoría colectiva.

O ciclo de proxeccións Cinema Maio 08 é o resultado dunha tarefa directamente asignada a un dos equipos de produción que terán tamén unha presenza estable en Baleiro, o grupo de audiovisuais, vinculado ao Cineclube de Compostela. O seu interese polo cuestionamento dos modelos de representación dominantes é habitual na actividade de Baleiro.

Puntos e Comas é un proxecto en proceso que xorde con anterioridade á Maio 08, e que poderá ter no futuro manifestacións formais e conceptuais diferentes. Intégrase perfectamente na temática do 68 pola súa investigación da mensaxe pública inscrita nos muros, o texto(s) urbano feito de multitude de capas superpostas.

A escrita, neste caso as consignas rexistradas nos muros e a memoria de diferentes cidades europeas, é tamén o centro de reflexión de Baixo a praia, o pladur, pero nunha formulación diferente. Un proxecto que se abre e se pecha con Maio 08, concibido para un lugar e un momento concretos pero coa suficiente potencia como para abrir (ou reabrir) diferentes liñas de reflexión.