• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Jacobo Bugarín: 'Narcoarquitectura: arquitectura do narcotráfico en Galicia' (Presentación do proxecto: 26 de dec. 20.30 h)

Jacobo Bugarín. 'Narcoarquitectura: arquitectura do narcotráfico en Galicia'

Este venres 26 de decembro, a partir das 20.30 h, Baleiro acolle a mostra do final do proceso e presentación pública de 'Narcoarquitectura. Arquitectura do narcotráfico en Galicia', proxecto que Jacobo Bugarín desenvolveu en parte durante a súa residencia artística no noso local e que contou co financiamento dos premios Injuve creación.

A elección do espazo e o modo de facelo público pasa a ser un factor decisivo, xa que parte do discurso proposto baséase no valor engadido e a especulación que a arquitectura e a arte confiren a determinados obxectos e sistemas de relacións, e como contrapunto a el este espazo ofrece un lugar necesario que propicia un achegamento distinto nun ton informal e sempre reflexivo. E é que me gustaría concibir esta presentación pública como un xeito de abrir o proxecto ao diálogo mostrando o proceso e as pezas producidas sen necesidade de cinguirme á idea de exposición ao uso, afastándome dalgunha forma do ideal preconcibido por todos, intentando atopar un rexistro adecuado.

Jacobo Bugarín

É por iso que abriremos o espazo o último fin de semana do ano para ofrecer o traballo desenvolvido por este artista, que se compón de maquetas, planos, diapositivas, obxectos, metacrilatos con diagramas relacionais, vídeo-proxeccións e un libro-obxecto que recolle parte do traballo así como as transcricións das entrevistas realizadas a persoas vinculadas á loita contra o narcotráfico: Carmen Avendaño (Fundación Érguete-integración) e Fernando Alonso (Fundación Galega contra o Narcotráfico).

O espazo permanecerá tamén aberto toda a fin de semana, días 27 e 28, para todxs aquelxs que queiran achegarse.

narcoarquitectura_gal.pdf

narcoarquitectura_cast.pdf