• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Inauguración na Peregrina

O espazo FAC Peregrina inaugura o vindeiro venres 29 de xuño ás 20:00h a exposición colectiva titulada Como medir un planeta. O proxecto está comisariado por Baleiro. Trátase da terceira e última mostra da tempada na modalidade FAC Convidados, denominación baixo a que este novo espazo independente na contorna de Santiago de Compostela promove proxectos de colaboración con outros artistas e axentes involucrados no ámbito da creación contemporánea.

Como medir un planeta formula unha reflexión sobre as condicións obxectivas nas que o ser humano habita o mundo a través do traballo de tres artistas que empregan o acto de medir como estratexia creativa. Eles son Joan Morera (Vigo, 1984), Eduardo Outeiro (A Coruña, 1981) e Miguel Prado (A Coruña, 1985), creadores emerxentes galegos que, servíndose da escultura, o son, o vídeo e a instalación, presentan os seus últimos traballos, algúns deles especificamente producidos para esta mostra. Deste xeito, o vigués Joan Morera afonda na súa investigación sobre a codificación ideolóxica da memoria e do territorio mediante a manipulación de documentos públicos e privados. O seu traballo relé as dimensións monumentais dos fitos históricos desde estratexias domésticas e artesanais, prestando gran atención aos detalles: as súas pezas adoitan ser resultado de longos procesos de produción. Pola súa banda, Eduardo Outeiro presenta un proxecto específico que enfronta os sistemas de medidas tradicionais coa problemática da modernización e a tecnoloxía. Desde a posición do restaurador ou conservador, Outeiro reflexiona sobre os problemas asociados á globalización e á uniformización dos imaxinarios locais. Por último, Miguel Prado explora as analoxías existentes entre os procesos xeolóxicos e os procesos mentais. A súa proposta concibe a configuración do medio físico como unha suma de erros, accidentes ou traumas que se reflicten na subxectividade humana, establecendo así un diálogo entre o orgánico e o inorgánico, entre a vida e a morte. 

Con motivo da inauguración da exposición terá lugar unha mesa redonda que contará coa presencia dos tres artistas e os dous curadores. Nela debaterase sobre a capacidade da arte contemporánea de mellorar a noso coñecemento do medio ambiente, así como dos fenómenos asociados á súa degradación física, produtiva e cultural. Aledaríanos moito poder contar coa vosa presenza.