FAC Peregrina

FAC Peregrina (Furancho de Arte Contemporánea) é un espazo proxecto artístico autoxestionado que xorde da necesidade dun lugar intermedio (nin comercial nin institucional) para a arte. Situado na contorna rural que é Galicia, fai uso das estratexias de recuperación e construción funcionais e estéticas propias do medio, vencéllase conceptualmente a elas e adopta a forma de Furancho, un lugar para o social e o intercambio directo construído cos materias que xa hai na casa onde dar saída ao excedente da produción vinícola propia. Como proxecto, FAC Peregrina é tamén unha clara declaración de intencións, unha toma de posición e unha decidida acción fronte ao descrédito e ao descontento co actual desenvolvemento do sector profesional das artes en Galicia. Co convencemento de que as condicións nas que vivimos han ser as condicións nas que produzamos, FAC Peregrina actúa unha outra forma artística vital.