• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Encontros abertos: innovación social, cultura hacker e terceiro espazo

Baixo o título de "Encontros abertos: innovación social, cultura hacker e terceiro espazo", o Grupo de Investigación Gis-T IDEGA, da Universidade de Santiago de Compostela, e Baleiro, convocan un encontro no que debatir acerca do chamado "xiro educativo" nas prácticas culturais, así como da paulatina transformación das estruturas de distribución do coñecemento en razón dun novo conxunto de experiencias, colaborativas, que plantean as iniciativas pedagóxicas como procesos de negociación, como diálogo desde a diferenza.

Esta de idea de aprendizaxe como conversación, como intercambio, como experimentación creativa, pode ser vinculada á cultura hacker, por unha parte, e a un renovado interés polo procomún, en tanto patrimonio colectivo, pola outra. A nosa vontade é reflexionar sobre as inevitables friccións entre este espazo discursivo, dominado pola horizontalidade, a apertura e as metodoloxías P2P, e o marco educativo intitucional, ampliamente condicionado pola súa rixidez, pola súa verticalidade e pola súa lóxica de inclusión-exclusión. Cremos que traducirmos esta antagonía en procesos de innovación social esixe a reivindicación do que coñecemos como "terceiro espazo", a produción colectiva do público, de escenarios comunitarios de diverxencia que trascendan as funcións dos entornos doméstico e laboral, permitindo resolver estas tensións de xeito creativo e produtivo, en termos socioculturais.

Convidamos, pois, a todos os interesados neste tema a asistir, o vindeiro 21 de xuño, entre as 16:00 e as 19:00, en Baleiro (Facultade de Filoloxía da USC, Avda. Castelao s/n, Campus Norte, Santiago de Compostela). Contaremos coa presenza de: Carlos Ferrás Sexto, Director de Gis-T IDEGA; Adrián Hiebra, Gis-T IDEGA; Daniel L. Abel e Víctor E. Pérez, coordinadores de Baleiro.

492