• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Encontros Off

Os Encontros Off son unha proposta de acción directa no eido da programación cultural e a acción artística galega, que xorde de xeito colectivo integrando diferentes axentes procedentes das artes plásticas, as artes escénicas, o mundo editorial e o mundo audiovisual en Galicia. Fronte ás políticas culturais do evento, da industrialización e da espectacularización cultural os Encontros Off apostan polo fortalecemento e a creación dun tecido artístico profesional que teña a capacidade de xestionar, producir e distribuír de xeito autónomo as súas creacións ou de relacionarse de xeito horizontal cos xestores, produtores e distribuidores culturais.

O posicionamento metodolóxico destes encontros parte da adopción dunha estratexia "espello", segundo a cal cada novo Encontro Off adapta a súa estrutura e formato tomando como referencia o plantexamento do evento, acto, ou programa oficial ao que fai reflexo. Deste xeito preténdese poñer en evidencia as distintas políticas e modelos de creación e produción cultural que promoven os eventos programados dende a oficialidade, imitar a linguaxe e o estilo das súas convocatorias modificándoos segundo as necesidades reais de colectivos e persoas partícipes da cultura (que estas esquecen, omiten ou descoñecen), aproveitar os recursos e a capacidade de difusión de propostas con acceso a grandes orzamentos e canais de distribución e avaliar os criterios e relacións de poder que favorecen dita maior accesibilidade. 

Podes consultar máis información sobre as diferentes edicións na wiki do proxecto.

IV Encontro Off Economía e Cultura

Onte convocouse na rede a cuarta edición dos Encontros Off. Terá lugar os vindeiros 16 e 17 de febreiro en Baleiro. Nesta ocasión, a comunidade Off fará de espello ao Encontro Internacional de Economía e Cultura que nas mesmas datas terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

II Encontro Off Foro Internacional de Espazos para a Cultura

Continuando co xeito de facer do I Encontro Off de artistas novos da Cidade da Cultura, o vindeiro martes 8 de novembro convocamos a un visionado público e debate do I Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC), que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre os días 8 e 10 de novembro. Como proposta de traballo que xa quedara plantexada nas sesións do primeiro encontro, trataremos a construcción colectiva dun mapa físico e dixital de relacións de poder do sector cultural en Galicia. Para elaborar este mapa de poder, comezaremos a debuxar as relacións persoais e profesionais dos principais axentes culturais, empresariais e insitucionais cos que estamos en relación, incluíndonos a nós mesmos e as nosas relacións e posicións de poder.

III Encontro Off Culturgal

Convocamos á Comunidade Off e a todos aqueles que estean interesados a participar no III Encontro Off: Feira Imaxinaria, que con ocasión da celebración do Culturgal 2011 organizaremos os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Seguindo a organización espacial, conceptual e programática do Culturgal 2011 o terceiro dos encontros Off estructuraráse en torno ás seguintes seccións: Feira, Foro e Actividades.

I Encontro Off Cultura de Cidade

En paralelo ao I Encontro de artistas novos Cidade da Cultura. Diálogo construtivo sobre arte contemporánea, que mediante lista pechada se celebrará en Santiago de Compostela do 4 ao 9 de setembro na Cidade da Cultura, o I Encontro Off de creadores novos Cultura de Cidade ofrecerá en Baleiro un espazo aos creadores locais, nacionais e internacionais para manter unhas xornadas de traballo e reflexión aberta sobre a arte, a cultura contemporánea e as súas problemáticas. Así, este espazo común convertirase nunha posibilidade de intercambio e debate sobre aspectos esenciais da creación artística e a súa proxección no mundo real mediante a construción crítica, colectiva e profesional dunha política cultural posible.