• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Educación cultural performativa

Educación cultural performativa por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez                                                            Fonte: temposdixital.com

A intersección Arte-Ciencia-Tecnoloxía é hoxe unha das grandes emerxencias do capitalismo cultural. Debido a este támdem en construción, a cultura contemporánea está a amplificar a súa capacidade de difusión do coñecemento. Os novos medios electrónicos permiten chegar a moitos lugares e de xeitos ben diferentes. Non obstante, a efectividade da cultura como motor social pasa pola revisión crítica deste mesmo proceso comunicativo. Esta nota quere replantexar a importancia da acción performativa como ferramenta educativa en cultura contemporánea, e a necesidade de incluíla nos programas de difusión do coñecemento, sexan estes de orixe artística, científica ou tecnolóxica. A información circula, pero: ¿Ata onde podemos empregala para mellorar as nosas vidas?

No eido específico da arte actual, constatamos que as producións artísticas máis formalistas -en oposición ás obras que fan do contexto o seu campo de acción- perciben os avances tecno-científicos como potenciais incrementos dos modos técnicos de visualización. Novos e sorprendentes canais de difusión a empregar no medio dunha sobredose informativa global. A ciencia, como a arte, pode ter chegado a un alto grado de capacidade de difusión, pero o traballo dos educadores en cultura non é o dos medios de comunicación.  A problemática ten a súa orixe non só no que transmitimos e a quen, senón en que pretendemos dese acto.

O ConCiencia

O caso do Programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Consorcio de Santiago e a Fundación Caixa Galicia, é unha mostra da fenda que separa ao pensamento innovador da súa integración performativa na cidadanía. A visita dun premio Nobel ou equivalente, como concepto vertebrador dunha iniciativa de divulgación remiítenos ao proceso de turistización dos eventos culturais, cada vez mais presente na sociedade a través de convocatorias fastuosas a persoeiros deslumbrantes. Este comportamento mediático, lonxe de achegar o pensamento científico á sociedade, reforza a evidente distancia entre o universo da investigación especializada e o da cidadanía, desactivando así o potencial crítico destos formatos de comunicación.

Nunha sociedade do coñecemento, a posta en valor da cultura pasa pola potenciación de proxectos participativos. Proxectos nos cales poidamos apropiarnos os beneficios da investigación e construír con eles o noso futuro en tempo real. É aí onde se atopan as accións performativas da cidadanía. E en moita menor medida, nos eventos puntuais de recoñecemento a determinadas institucións (sexan individuais ou colectivas). Se queremos facer do saber un ben socialmente sostible, necesitamos integrar nos formatos divulgativos de cultura o valor da autoconstrución de significados. Isto é, dispoñer eventos abertos á cidadanía onde a participación non sexa unha cuestión presencial, senón actitudinal. En termos de produción artística, poderiamos estar a falar da diferencia que existe entre asistir a unha exposición onde a nosa experiencia non se manifesta nin modifica a dos outros espectadores (en tanto que non se produce un intercambio efectivo de significados entre eles e o dispositivo que amosa os contidos); ou ben formar parte activa dun proceso creativo que integra o protagonismo do público no evento, con todo o potencial educativo e político que isto conlevaría.

Claro que un proxecto destas características chama moito menos a atención dos medios e non ten sentido producilo nun auditorio. ¿Por que non investir en educación informal e práctica, por que non traballar a cultura científica dende a proximidade e a cotidianeidade? Posiblemente porque o beneficio quedaría á libre disposición de quen o queira reutilizar, e nese punto diversifícaríanse os focos tradicionais de pensamento.