• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Crónica do Artropocode 2013

O aRtropocode 2013 comezou con diversas hipóteses de traballo. A linha de traballo fundamental  foi a interrelación entre arte(s), tecnoloxía(s) libre(s) e sociedade(s) como cada evento do circuito summeroflabs-Arco Atlántico, no que nos une a práctica dos procesos como fundamento para a creación e a liberación do coñecemento como base para a construción dunha cultura compartida. Plantexamos unha aposta particular pola interrelación entre corpos, organismos e tecnoloxías (biohacking) xunto ao equilibrio entre participantes galegos-lusófonos e doutros espazos, validada polas propostas presentadas. Estas incoporaron outros elementos chave como a cartografía de territorio(s) subxectivo(s).

Con formato de residencia artística transdisciplinar colectiva este ano, no aRtropocode quixemos mimar a convivencia, o tempo expandido e o ritmo de barrio. 10 días de residencia nun contexto onde os espazos de traballo, así como os de comida e durmida estaban a un paseo de 3 minutos entre si, nun campus cheo de árbores e cuns enxebres bares de Vite en contigüidade absoluta. Mimamos os coidados como potenciadores  do proceso fluido de creación, baseado nas derivas emerxentes, nas conexións probábeis e improbábeis, tan, tan productivas que son en si mesmas incuantificábeis.

Paisaxes aumentadas corporais (mediante tracking e computer vision), prototipado de próteses para outras sexualidades e mobilidades,  hacking de códigos emocionais, reflexión sobre os espazos de cruissing, propostas escénicas xogando coa noción de ruído comunicativo, narrativas mediais xeolocalizadas e performativizadas, electrónica musical caseira, investigación sobre a conductividade do sal como hipótese de ritual pagano sonoro para akelarre performativo, constituían as liñas de traballo das propostas participantes.

Estas propostas foron tecendo e desenvolvendo o seu proceso de seducción mutuo, de desencadeamento simbiótico... dun taller de Eagle pasouse a un asesoramento personalizado para a creación dos circuitos dos sintetizadores que haberían de conectarse ao sal, e a súa posterior impresión e creación de placa. Outro asesoramento que non precisou de circuito derivou nun prototipo de xoguete sexual para incoporar a unha cadeira de rodas.Traxes sonoros confluíron con propostas de movemento, o rexistro de voces e sensacións colectivas coa pesquisa cartográfica, a síntese sonora analóxica coa dixital, o streaming experimental coa documentación.

Actividades emerxentes como o taller de corpo ou os cadáveres exquisitos emocionais potenciaron a conexión da rede de nós, o habitar cos nosos corpos un mesmo contexto.

O espazo das presentacións deixou tras de si criterios de ecoedición (Polen), espazos recuperados para residencias artísticas en Escocia (Ana Chouciño), construccións de estructuras narrativas de webdoccs (webdoccsBCN), reflexións sobre o contexto cultural autónomo galego (Ania e a experiencia do FAC), preguntas sobre os posíbeis usos das redes de sensores (Pedro Ângelo), relatos orais sobre meigas e moiras (Iolanda Aldrei).

Derivando, derivando chegamos as presentacións finais co pracer de resignificar a espiritualidade dunha igrexa desfuncionalizada para o culto, de desfrutar do noise cunha acústica e unha reverberación provilexiada, de xenerar paseos sonoros relacionais e apócrifos en cemiterios e camiños catedralicios. E, por suposto, coa proactividade de querer ir sempre máis aló na(s) arte(s), na(s) tecnoloxía(s) e na(s) sociedade(s), investigando tanto en tecnoloxías e estéticas como  reivindicando, entre outras cousas, a accesibilidade dos espazos públicos para todo tipo de corpos e mobilidades como transversal biopolítica.

Crónica realizada por Beka.