• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Canles alternativas de creación

"Canles Alternativas de Creación Experimental. O Eixo Atlántico: 1975-2010" é un proxecto de investigación do grupo Artconte. Arte e Estética Contemporánea, do Departamento de Historia da Arte da USC. Baleiro colabora neste proxecto en varios campos. Por exemplo, editando e publicando resultados da investigación, ben a través dos libros que recollen as actas dos seminarios impulsados polo Grupo de Investigación, ben nunha serie de entrevistas en vídeo realizadas a diferentes axentes do Noroeste Peninsular. Trátase de pezas documentais feitas en espazos relacionados coa creación contemporánea, algúns xa desaparecidos e outros en activo, pero que por un ou outro motivo supoñen unha alternativa aos habituais referentes do circuito artístico oficial.

Publicacións

Libros publicados a partir do proxecto de investigación e os diferentes seminarios celebrados no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Entrevistas

Serie de entrevistas en vídeo realizadas en espazos de Galicia e o Norte de Portugal.