• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Camiños de desexo

Compostela: Camiños de desexo é un proxecto documental para a creación dun arquivo onde se recollan tódolos atallos existentes na cidade. Dende o ano 2008, o artista Ismael Teira vén realizando exploracións-paseo no territorio, localizando e fotografando estes camiños máis curtos. Durante o ano 2011 presentarase o resultado final do proceso, materializado nunha edición limitada e un mapa.

Camiños alternativos que no caso de Compostela adquiren un especial significado por ser punto de chegada de varias vías de peregrinación. Peregrinar, andar, pasear ou deambular son algunhas formas de percorrer o territorio seguindo os camiños marcados. En cambio, atallar supón escoller un camiño máis curto e crear marcas, sucos ou liñas sobre a herba. Liñas similares a A Line Made by Walking de Richard Long, pois o resultado acaba sendo tamén algo situado a medio camiño entre a escultura, a performance e a arquitectura da paisaxe. Os atallos modifican os xardíns e os campos da cidade tras continuas e repetidas performances levadas a cabo pola comunidade no seu propio beneficio. Supoñen exemplos colectivos e participativos ao ser creacións sociais en resposta ás necesidades do grupo, existindo un completo acordo entre todas as persoas usuarias destes camiños que se converten, de modo case involuntario, en responsables da súa continuidade e mantemento. Algúns dos atallos, co paso do tempo e os cambios funcionais, acaban sendo asfaltados ou empedrados; outros simplemente desaparecen ao deixar de cumprir o obxectivo polo que foran creados.

Camiños de desexo é un proxecto de Ismael Teira producido por Baleiro. Seleccionado nos Premios Injuve para la Creación Joven 2009, Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad. Compostela: Camiños de desexo trátase dun libro de artista que condensa os últimos tres anos de traballo do artista noiés Ismael Teira en torno ao contexto urbano compostelán e ao fenómeno dos atallos nas zonas verdes da cidade. A edición, ademáis de recoller parte da ampla documentación que xenerou o proxecto, conta coas achegas textuais que podedes consultar máis abaixo.

408 409 410 411 412 413


Imaxes do proxecto

Chimpando por enriba dos charcos

Por Víctor Enrique Pérez Viqueira

Tránsitos. O ben e o mal

Por Íñigo Mouzo Riobó

[...]

Prólogo

Por Baleiro

[...]

Enmarcar un proxecto sen límites

Por Daniel López Abel

[...]