Artropocode Meeting. 15/16/17 de xullo

1º Encontro de tecedeiras de código livre

Arduino, Openframeworks, processing, visuais, música experimental, puredata, obradoiros, mesas de produción continua, jams, perfomances... Arte dixital e software libre!

En coordinación con Olholivre (GZ) e Audiencia zero (PT) e coa colaboración de Factoría Compostela, a Ghentalla do Pichel e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC.

O obxectivo deste encontro é conectar diferentes proxectos de programación creativa en Galicia, aproveitando a presenza de persoas implicadas no desenvolvemento destas aplicacións para avanzar no traballo en rede, resolver dúbidas, compartir coñecemento e coordinar a produción de futuras colaboracións comunitarias. A parte máis lúdica do encontro mostrará na práctica as diferentes ferramentas mediante performances, instalacións e sesións DJ-VJ.

404

 

 

 

Programa:

Venres 15 xullo (en Factoría Compostela)
16:00 h - Presentación nodos Artropocode Meeting. 
16:30 h - Nodo Presentación Proxecto Spacebits+Introdución Arduino.
21:00 h - Asemblea preparación jam.
22:30 h - Jam (performances, sesións dj-vj, instalacións interactivas). 

Sábado 16 xullo 
11:00 h - Nodo AuDIYolab (puredata). En Baleiro.
16:30 h - Nodo Audio Reactive Visuals con OpenFrameWorks e Processing. En Baleiro.
21:00 h - Asemblea preparación jam. Na Gentalha do Pichel.
22:30 h - Jam (performances, sesións dj-vj, instalacións interactivas). Na Gentalha do Pichel.

Domingo 17 xullo
16:30 h - Nodo Animación en Puredata de modelos 3D animados en Blender. En Baleiro.
21:00 h - Feche e conclusións.

 

 

 

 

 

Nota: todos os nodos combinan work-in-progress (mesas de produción para as jams, desenvolvemento proxectos, optimización ferramentas,colaboracións etc) con talleres participativos. Por exemplo: se te interesa Puredata e 3D podes traballar na mesa de produción o venres e o sábado, ademais de asistir ao taller o domingo.

(*) Os nodos serán mesas de produción continua para as jams nocturnas, colaboracións en traballos ou optimización de ferramentas etc. É dicir, se queres traballar con Puredata e vídeo poderás facelo tamén o venres pola tarde ademais do taller programado o domingo :-)
(*) Ao remate da tarde reunirémonos para concretar a escaleta da jam.

Máis info aquí 

AdxuntoTamaño
Diptico2ArtropoCodeMeeting.pdf1.59 MB